Wednesday 01 de May de 2024

A directora de Turismo de Galicia viaxa a Paraguai para continuar coa promoción do Camiño de Santiago


Nava Castro realizará dúas presentaciónsaosprincipais turoperadores turísticos do país do Camiño de Santiago como produto turístico na capital de Paraguai, Asunción, e na cidade de Ciudad del Este

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inicia hoxeunhaviaxe institucional a Paraguai.

Durante a súa visita ao país sudamericano, Nava Castro realizará dúas presentaciónsaosprincipais turoperadores turísticos do país do Camiño de Santiago na capital de Paraguai, Asunción, e na cidade de Ciudad del Este que contarán coa participación da Ministra de Turismo da República de Paraguai, Marcela Bacigalupo.

A responsable de Turismo da Xunta explicará as numerosas iniciativas que leva a cabo o Goberno galego a prol do desenvolvemento e promoción do Camiño de Santiago como produto turístico e as distintas opcións que contan os peregrinos para organizar a súaviaxe. Nava Castro expoñerá, así mesmo, a oferta e servizos complementarios á ruta xacobea que ofrece Galicia como destino.

A viaxe da directora de Turismo de Galicia constitúe un paso máis na relación entre Galicia e Paraguaique está a ser cada vez máis intensa.

A visita ten lugar no marco do convenio de colaboración asinadopor ambas rexiónsno ano 2015 para poñer en marcha iniciativas conxuntas de promoción turística e para o achegamento das rutas turísticas, tanto a Ruta Jesuítica de Paraguai como o Camiño de Santiago. O documento foi suscrito pola ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo, e a directora de turismo de Galicia durante a Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, en presenza da máxima autoridade do turismo mundia, TalefRifai, o secretario xeral da Organización Mundial de Turismo (OMT).

No mesmosenso de fidelizar as rutas con accións de promoción turística, se prevé a presentación da Ruta Jesuítica de Paraguai en Madrid, no marco da semana paraguaia que terá lugar en Madrid en maio.

Encontrosinstitucionais e comerciais
Na súaviaxe, a directora de Turismo de Galicia, manterá diversos encontrosinstitucionais e comerciais. No día de hoxe, a responsable de Turismo da Xunta reunirase na capital de Paraguaicoembaixador de España no país, Diego Bermejo.

Así mesmo, Nava Castro manterá un encontromañá, martes 29 de marzo, con Armando Nasser, cónsul de Italia en Ciudad del Este e empresario, e con Elva Figueredo, de Lleva Viajes & Turismo, unha axencia de viaxes especializada e dedicada á venda de servizos turísticos receptivos.

Por outra parte, o mércores 30 de marzo, Nava Castro reunirase con ChariffHamound, cónsul de Eslovaquia en Ciudad del Este e propietario do Shopping Monalisa; con Rafael Plañiol, propietario do Shopping Jesuitas Plaza; e Isidro Ibarra, presidente da Cámara Oficial Española de Comercio, Industria e Servizos de Paraguai.